Ao Compos solo lle falta o gol

Ao Compos solo lle falta o gol
Ao Compos solo lle falta o gol

Empate do Compostela nun partido no que buscou un tanto que se resistiu

As Pontes 0 0 Compostela
 

Comezou o partido co Compos tendo o control do balón. Moita posesión dos visitantes que buscaban combinar para chegar a meta de Javi Liz, buscaban ben as bandas os compostelanos. Pouco a pouco ían os de Yago Iglesias monopolizando o balón e encerrando ao rival no seu campo. Duráballe pouco o esférico nas botas ao conxunto local que nos conseguía armar contras cando lograba recuperar.

O guion non variaba co paso dos minutos pero faltaban ocasión claras en O Pobloado. Presionaba moi arriba o Compostela que quería buscan un gol que se resitía a aparecer nun partido sen ocasións. No 25', chegaría a primeira gran oportunidade para o Compos. Xogada combinada que rematou co remate de cabeza de Baleato, a centro de Hugo Sanmartín, ás mans de Javi Liz.

Pasada a media hora de xogo parecía espertar o equipo local que ata ese momento estivo agazapado atrás. De feito, conseguiron ver porta os blanquiazuis nunha xugada invalidada por un fora de xogo moi discutido. Nas imaxes viuse que non o era. Rematara cruzado Carlos pero non subiu o tanto ao marcador. 

Despois de esas dúas ocasións o partido colleu máis ritmo. O Compostela tivo varias ocasións asediando os conxunto local. Así, no 41', paradón de Javi Liz para despexar o disparo de Brais Abelenda. Pouco despois, de novo foi vital o meta local. Centro de Gabri Palmás e remate de cabeza de Pablo Antas que atrapou o porteiro cunha palomita na liña. Con 0-0 chegábase o descanso. 

A vida seguía igual na segunda metade. Faltaban ocasións claras e cada equipo seguía facendo o seu xogo. Os visitantes querían ter o balón e tocalo buscando ocos ante un As Pontes ven cerrado que buscaba soprender a contra e con balóns largos dende a portería. 

No 61', paradón de Liz de novo para evitar o tanto do Compostela. Combinación entre Hugo e Brais Abelenda, que acabou o extremo cun tiro que sacou coa perna o porteiro. Costaballe As Pontes cada vez que recuperaba saír ca mesma fresscura co paso dos minutos. Estaba moi repregado e non se achegabab a meta de Pato. 

Consumíase o partido cun Compos ao que en varias ocasións lle puido a prisa e un As Pontes que quería aproveitar as xogadas a balón parado para crear perigo. Chegaba cansao o conxunto local ao tramo final dun partido no que se resistía a aparecer o gol.

Buscou o gol o Compostela ata o final pero resistiuse. Empate a cero que mantén á esedé na zona noble da táboa pero amplía o Ourense a distancia con santiagueses.

Ficha técnica
As Pontes:  Javi Liz; Berto, Marcos Caridad (Sánchez, min 60), Iván Pérez, Álex (C); Gonzalo (Fidi, min 68), David García, Quique; Cambón, Carlos e Rubén Pardo
Compostela: Pato, Saro, Mon, Álvaro Casas (Queiruga, .min 70), Soto, Samu, Hugo Sanmartín (Josiño, min 81), Baleato, Brais Abelenda, Pablo Anta e Gabri Palmás (Miki, mn 60)
Goles: 1-0, min 2: Isma Cerro. 2-0, min 39: Aitor
Árbitro: Juan Luis Davila. Amonestó a Baleato (min 9), Gonzalo Cea (min 19), Cambón (min 63), Iván Pérez (min 64). David García (min 83), Carlos (min 86) , Rubén Pardo (min 93) e Mon (min 95)
Incidencias: Partido correspondente á décima  xornada do grupo I de Tercera disputado en O Poblado, As Pontes
 
Comentarios