Rois conta os días para a construcción dunha nova senda peonil

Rois conta os días para a construcción dunha nova senda peonil
Rois conta os días para a construcción dunha nova senda peonil

O obxectivo do contrato é a construción dunha itinerario á beira da estrada, entre o inicio das beirarrúas de Rois e as instalacións da empresa de aluminio da entorna

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución dunha senda peonil na estrada de titularidade autonómica AC-301 ao seu paso polo municipio de Rois

Estes traballos, adxudicados á empresa consulting INOR por un importe de máis de 18.000 euros, conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto.

O treito considerado neste contrato vai desde a intersección coa estrada AC-299, no punto quilométrico 2+250 e o inicio das beirarrúas do núcleo de Rois, no punto quilométrico 2+800. E ten como obxectivo redactar o proxecto para executar unha senda á beira da estrada AC-301, entre o inicio das beirarrúas de Rois e a localización das instalacións da empresa de aluminio da entorna.

Esta intervención se enmarca na estratexia do departamento de Infraestruturas da Xunta de fomentar a mobilidade sostible da poboación así como incrementar a seguridade viaria desta zona con elevado tránsito peonil.

Comentarios
Lo más