Dúas persoas feridas por unha colisión múltiple en Pontecesures

Dúas persoas feridas por unha colisión múltiple en Pontecesures
Dúas persoas feridas por unha colisión múltiple en Pontecesures

O accidente ocorreu no punto quilométrico 85 da N-550, en sentido a Valga, ao fío das 11:30 horas

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nunha colisión na que se viron implicados tres coches. Segundo puido saber o 112 Galicia, as dúas vítimas foron trasladadas a un centro médico.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 85 da N-550, en sentido a Valga, ao fío das 11:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sinistro.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Valga, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada.

Comentarios