Veciños de Cornado, en Touro, recuperan a festa de Rixóns en pota de ferro

Veciños de Cornado, en Touro, recuperan a festa de Rixóns en pota de ferro
Veciños de Cornado, en Touro, recuperan a festa de Rixóns en pota de ferro

A II festa de Rixóns  en Pota de Ferro, o 1 de Novembro,  ten aos veciños agardando este día con moita ilusión 

O evento pretende manter vivas as tradiccións máis arraigadas da zona, con actividade pensada para tódo-los gustos e públicos. Así, habrá un espazo dedicado aos máis pequenos cun obradoiro de cestería tradicional ás 16:00, a esa mesma hora habrá unha mostra de xabón natural e ás 16:30 un obradoiro de macramé e durante toda a xornada unha mostra de artenanía. 

Antes, as 10:00 horas, para os amantes da natureza, iniciarase roteiro micolóxico pola parroquia. E a súa  chegada, O Amighos da túa prima animarán la sesión vermú ás 13:00 horas e a festa a partir das 17:00 horas e a formación Vai Nela fará o propio dende ás 18:00 horas. Tamén se levará a cabo unha foliada libre e o grupo Malvela ofrecerá unha actuación ás 19:00 horas. 

Todos os asistentes podrán degustar unha deliciosa comida a precios populares a base de filloas de caldo de cocido con rixóns, tortillas y empanada de rixóns. 

Comentarios