Recoñecemento para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes

Recoñecemento para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes
Recoñecemento para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes

Ata a Academia Galega de Seguridade, situada na Estrada, desprazáronse o alcalde de Ordes e o concelleiro de Cultura, Mocidade e Voluntariado, José Luis Martínez Sanjurjo e Abel Blanco respectivamente

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Ordes recibiu esta fin de semana a placa ao mérito na categoría ouro. Un merecido recoñecemento outorgado pola Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que esta fin de semana celebrou o segundo acto de entrega de medallas e condecoracións, recoñecendo así o labor desinteresado de máis dun cento dos seus integrantes. 

Ata a Academia Galega de Seguridade, situada na Estrada, desprazáronse o alcalde de Ordes e o concelleiro de Cultura, Mocidade e Voluntariado, José Luis Martínez Sanjurjo e Abel Blanco respectivamente. Ambos tiveron ocasión de compartir o  momento con Honorino Raña, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes, así como con outros integrantes do grupo e con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia.

Comentarios