Falece unha persoa de avanzada idade ao saírse o seu vehículo da vía no concello de Oia

Falece unha persoa de avanzada idade ao saírse o seu vehículo da vía no concello de Oia
Falece unha persoa de avanzada idade ao saírse o seu vehículo da vía no concello de Oia

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento

Un home de idade avanzada perdeu a vida a pasada tarde en Oia despois de que o turismo no que viaxaba finalizase fóra da vía e chocase contra un muro. O accidente produciuse no lugar de Pedornes, na PO-552, ao fío das 19:00 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertó do sinistro ao 112 Galicia e, nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Guarda e do servizo de mantemento da vía.

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentarios
Lo más