Dúas persoas feridas por un accidente nunha estrada de Vilalba

Dúas persoas feridas por un accidente nunha estrada de Vilalba
Dúas persoas feridas por un accidente nunha estrada de Vilalba

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 16 da LU-541, ao redor das 6:45 horas

En Vilalba, dúas persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados outros tantos coches. O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 16 da LU-541, ao redor das 6:45 horas.

Nada máis ter coñecemento a través da chamada de varias persoas particulares, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Comentarios