Unha pota no lume causa un incendio nunha vivenda de Mos

Unha pota no lume causa un incendio nunha vivenda de Mos
Unha pota no lume causa un incendio nunha vivenda de Mos

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Petelos, nunha casa situada no Camiño do Barro, ao fío das 11:30 horas

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio que tivo lugar esta mañá nunha vivenda en Mos. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha persoa presentaba síntomas por intoxicación de fume e foi evacuada a un centro médico polos servizos sanitarios.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Petelos, nunha casa situada no Camiño do Barro, ao fío das 11:30 horas.

Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade, da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que só ardera a pota esquecida ao lume.

Comentarios
Lo más