Tres persoas feridas nun accidente en Bueu

Tres persoas feridas nun accidente en Bueu
Tres persoas feridas nun accidente en Bueu

Ocorreu sobre as 17:00 horas cando os vehículos circulaban pola VG-4.4, dirección Bueu

Tres persoas  resultaron feridas na tarde de onte na localidade pontevedresa de Marín a causa dun accidente con tres turismos implicados.

Ocorreu sobre as 17:00 horas cando os vehículos circulaban pola VG-4.4, dirección Bueu, á altura do punto quilométrico 7.

A esa hora, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia da colisión e, a partir de aí, alertouse á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Os Bombeiros do Morrazo e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia, así como, o persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Os tres feridos foron trasladados polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentarios
Lo más