Un Halloween Camp terrorificamente divertido

Un Halloween Camp terrorificamente divertido
Un Halloween Camp terrorificamente divertido

Disfraces de todo tipo na xornada de conciliación organizada polo Concello de Ordes

Demos, trasgos, vampiros, pantasmas, ogros, zombies, esqueletos e ata o mesmo Frankenstein acudiron onte á xornada de conciliación organizada polo Concello de Ordes do gallo da festividade do Samaín. 

Máis de 40 nenos e nenas pasárono terrorificamente ben nos obradoiros creativos e nas diversas actividades lúdicas e educativas que se lles organizaron. A cousa non acaba aquí, xa que o vindeiro luns o alumnado do CEIP Campomaior poderá seguir desfrutando deste Halloween Camp 2019 ao non ter clase.

Comentarios