A Xunta e a FEGAMP organizan unhas xornadas sobre transparencia nas entidades locais galegas

A Xunta e a FEGAMP organizan unhas xornadas sobre transparencia nas entidades locais galegas
A Xunta e a FEGAMP organizan unhas xornadas sobre transparencia nas entidades locais galegas

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizarán dúas xornadas formativas en Lugo e Ourense para actualizar os coñecementos en materia de transparencia e apertura dos gobernos nas entidades locais galegas.




O Goberno galego pretende dar a coñecer desta forma as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en transparencia.

Os obxectivos das xornadas son examinar as dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local; dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais co Portal de Transparencia Local de Galicia; coñecer as novidades en transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova norma en materia de contratos do sector público; afondar nas obrigas da Secretaría municipal en transparencia tras o decreto polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional; así como coñecer as novidades en protección de datos e as interaccións entre esta normativa e a de transparencia.

A primeira xornada terá lugar na delegación territorial da Xunta de Ourense o 12 de novembro de 10.00 a 14.00 horas, e a segunda o 22 de novembro no mesmo horario na delegación territorial da Xunta de Lugo. A formación está dirixida a secretarios/as, interventores/as, tesoureiros/as e empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da Administración local e interesados en xeral.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participarán en ambas xornadas xunto co presidente da Fegamp, Alfredo García, e a valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño. Por parte da Rede Localis impartirán parte do programa os codirectores Concepción Campos e Alberto Vaquero e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Daniel Neira, que tamén pertence a esta rede. Ademais, a secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Elena Barba, abordará a parte relacionada coas plataformas electrónicas de contratación.

Comentarios