Ordes investirá máis de 200.000 na mellora enerxética do concello

Ordes investirá máis de 200.000 na mellora enerxética do concello
Ordes investirá máis de 200.000 na mellora enerxética do concello

O proxecto contempla o cambio de máis de 500 puntos de lumínicos, o que se traduce nun aforro anual de pouco máis de 50.000 euros. O IDAE concédelle unha axuda ao Concello de case 162.000 euros

O Concello de Ordes levará a cabo en próximas datas un amplo plan de mellora do sistema de iluminación público. O investimento total para este proxecto acada os 202.439,05 euros, dos cales 161.951,24 euros serán sufragados coa axuda concedida por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dentro do marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-20, orientado a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. 

A renovación de distintos alumbrados municipais, moitos deles obsoletos e deteriorados polo paso do tempo, faise máis que aconsellable. Tras o pertinente estudio e a elaboración do inventario son máis de 500 puntos de luz a cambiar ao longo das rúas Galicia, Rosalía de Castro, Campeiras, Alfonso Senra, Campo da Feira e na zona de Guindibó. Con todo isto estipúlase un aforro de 56.090 euros anuais (266.347,49 kWh). 

Os obxectivos son minorar o gasto enerxético a través de tecnoloxías máis eficientes, reducindo a potencia instalada, axustando os horarios de apagado e encendido, e implementando sistemas de regulación para o horario de madrugada. Outro xeito de incidir no aforro serán mediante o aumento da vida útil das luminarias, o axuste dos parámetros de iluminación segundo o tipo de vial e a adecuación das instalacións ao reglamento vixente. A actuación inclúe para cada centro de mando, entre outras, a substitución de luminarias por outras de tipo LED e a dos brazos para elevar os puntos de luz. Finalizadas as obras todas as instalacións terán unha calificación enerxética A, cumplindo co exposto no regulamento electrotécnico de baixa tensión.

Comentarios
Lo más