Touro celebra hoxe a XI Feira da Castaña

Touro celebra hoxe a XI Feira da Castaña
Touro celebra hoxe a XI Feira da Castaña

A partir das 12:00 horas e diante da sede do Concello de Touro está previsto o magosto tradicional e tamén a degustación de postres feitos con productos da temporada do outono

O Concello de Touro, como xa e costume en cada outono, celebra hoxe martes, 5 de novembro de 2019, a XI Feira da Castaña-Exaltación dos Productos do Outono. Coincidindo coa celebración da feira mensual nas rúas de Fonte Díaz, está prevista a celebración da XI Feira da Castaña, que inclúe a degustación gratuita de productos do outono. Non faltará o tradicional magosto feito coas castañas dos castiñeiros da zona. 

Pola súa banda, os establecementos de hostelería de Touro ofrecerán as elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello de Touro”. A base das receitas serán as castañas, os cogumelos, o xabarín e os postres caseiros. Os locais de hostelería participan ofrecendo degustacións .

A partir das 12:00 horas e diante da sede do Concello de Touro está previsto o magosto tradicional e tamén a degustación de postres feitos con productos da temporada do outono. No Concello, durante a mañán, tamén se fará entrega dos premios aos gañadores do III Concurso Plástico Dona Castaña.

Comentarios