Ribeira concede 32.000 euros en axudas paras organizacións contra a exclusión social do concello

Ribeira concede 32.000 euros en axudas paras organizacións contra a exclusión social do concello
Ribeira concede 32.000 euros en axudas paras organizacións contra a exclusión social do concello

O importe global destas axudas ascende a un total de 32.000 euros entre as sete beneficiadas

A xunta de goberno local deu luz verde á aprobación das achegas destinadas a sete organizacións de carácter social que operan no municipio de Ribeira: A Creba, Ambar, Amicos, Amigos de Galicia, Cáritas, Faibén, e Renacer.

O obxecto de tales axudas, que se materializarán a través da sinatura de cadanseus convenios de colaboración coas distintas entidades, reside en diminuír os factores que conduzan a situacións de exclusión social, apoiando accións orientadas á mellora da saúde psicosocial e a calidade de vida de colectivos como a infancia e demais persoas vulnerables.

O importe global destas axudas ascende a un total de 32.000 euros entre as sete beneficiadas.

Os programas ou iniciativas apoiadas a través destas achegas son: na asociación A Creba, o programa de transporte de usuarios; na asociación Ambar, o programa “Vivindo na comunidade”; na asociación Amicos, o servizo de atención psicopedagóxica; en Cáritas, a cobertura de necesidades básicas; na fundación Amigos de Galicia, a loita contra a pobreza e a exclusión; na fundación Faibén, o proxecto “Contigo”; e na Asociación Antidroga Renacer, o programa de prevención no eido das drogodependencias.

Comentarios