Estrela Vermelha e Estrela Gaels miden as súas forzas hoxe en Trazo

Estrela Vermelha e Estrela Gaels miden as súas forzas hoxe en Trazo
Estrela Vermelha e Estrela Gaels miden as súas forzas hoxe en Trazo

Será no campo de Chaian, ás 21:30 horas

Será na xornada intersemanal finalmente cando se enfronten os dous equipos compostelanos. O Estrela Vermelha, vixente campión e líder da clasificación actual recibe ao Estrela Gaels, o filial que desputa por segundo ano consecutivo a Liga Galega. 

Enfróntanse precisamente porque na primeira volta da Liga da Asociación Galega de Fútbol Gaélico teñen que verse as caras todos os equipos, mentres que a segunda volta xa é partida entre o grupo que encabeza a competición e os que pechan a lista. 

Os campións contan os seus partidos por vitorias e o Gaels perdeu os dous últimos partidos e precisan os puntos. Derbi fratricida en Chaián. Ademais, o partido terá aínda máis atractivo por significar o debut de varios xogadores na Liga Galega. 

Será o turno para que os rapaces que levan demostrando o seu talento nos adestramentos e nos amigables dean o salto definitivo á competición gaélica. Cabe salientar a figura de Gippi, o xogador de 23 anos que xa debutou co Estrela Vermelha no Paneuropeo de Vienna mais que, pola contra, aínda non se estrenou na Liga doméstica.

Comentarios
Lo más