O Estrela Vermelha vence o derbi de Compostela

O Estrela Vermelha vence o derbi de Compostela
O Estrela Vermelha vence o derbi de Compostela

Os vixentes campión volveron amosar a súa superioridade ante un Estrela Gaels que se creceu nos últimos compases

O Estrela Vermelha imponse ao Estrela Gaels no partido fratricida desta xornada intersemanal da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Os vixentes campión volveron amosar a súa superioridade ante un Estrela Gaels que se creceu nos últimos compases de xogo no sintético de Chaián, Trazo.

Na primeira parte os locais impuxeron o ritmo do partido e foron, punto a punto, afastándose no marcador. Un tanto de Gippi no seu debut como xogador do Estrela Gaels abriu a lata para os blaugranas que foron pouco a pouco mellorando no seu xogo. Moitos brotes verdes para a novísima plantilla dos Estrela Gaels, que viron como os seus xogadores se desenvolveron correctamente en varias posicións, mais aínda andan faltos de cordinación na transición defensiva. O resultado final amosaba un Estrela Vermelha 9-20 (47) - (14) 2-8 Estrela Gaels.

Terceira vitoria consecutiva dos líderes da clasificación e terceira derrota do filial compostelano, que tivo que medirse de maneira demasiado prematura ante equipas moi sólidas e consolidadas. O sádado é o turno das vermelhas, que viaxan á Coruña para se enfrontaren ás Fillas de Breogán nun encontro trepidante da 3ª Xornada de Liga Galega.

Comentarios
Lo más