Feridas cinco persoas polo impacto entre un turismo e un camión en Melide

Feridas cinco persoas polo impacto entre un turismo e un camión en Melide
Feridas cinco persoas polo impacto entre un turismo e un camión en Melide

O accidente ocorreu ás 13:30 horas de onte, momento no que os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao persoal do 112 Galicia

Cinco persoas resultaron feridas nun accidente no que colidiu un camión e un turismo cando circulaban pola AC-840, ao seu paso polo concello de Melide.

O accidente ocorreu ás 13:30 horas de onte, momento no que os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao persoal do 112 Galicia. Indicaban que un turismo e un camión colidiron na estrada que une as localidades de Melide e A Coruña.

Así, desde o 112 Galicia informouse de inmediato aos Bombeiros de Arzúa, aos axentes de Tráfico e Policía Local, e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a colaboración do persoal do servizo de mantemento da vía para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Unha vez no lugar do sinistro finalizada a intervención, Protección Civil comunicou ao 112 Galicia o traslado de cinco persoas, delas tres pertencentes ao turismo e outras dúas ao camión, ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios