Comeza un ano máis os cursos de envellecemento activo de O Pino

Comeza un ano máis os cursos de envellecemento activo de O Pino
Comeza un ano máis os cursos de envellecemento activo de O Pino

A actividade celébrase cada martes e venres las parroquias de Pastor, Castrofeito, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño

En O Pino o deporte non entende de idades. Un ano máis, co comezo do curso chegou o momento de iniciar as actividades deportivas municipais, dirixidas a todos e todas as veciñas. Por suposto, non só a cativada pode gozar da amplia oferta que o Concello pon a disposición da veciñanza, os adultos son tamén protagonistas. Por iso a ximnasia por parroquias conta con máis de 50 adeptos. Ben é certo que manterse activo é primordial para contar cunha saúde de ferro, mais de seguro que os motivos que levan á veciñanza das parroquias de Lardeiros, Gonzar, Ferreiros, Budiño, Pastor e Castrofeito que acode cada martes e venres á cita que teñen con Álex, o monitor, son moitos máis que o deporte en sí mesmo.

Este encontro semanal crea amizades e vínculos mois especiais, xa que despois de varios anos facendo deporte xuntos, os veciños e veciñas das diferentes parroquias xa contan con milleiros de anécdotas para o recordo propiciadas polos diferentes xogos que desenvolven na actividade. Sexa estirando, correndo, poñendo a proba a coordinación, o equilibro, ou a forza, o factor común de todas as tardes é o sorriso. Cada xornada de ximnasia pasa entre contos e risas, aínda que tampouco faltan os pequenos rifirafes por culpa das “trampas”, que rápidamente se resolven.

Cabe destacar a concienciación dos adultos de O Pino á hora de querer facer deporte. Varias decenas de veciños e veciñas de todo o Concello saben o importante que é incluir diferentes actividades deportivas na rutina. Os participantes saben de primeira man que a multitide de dinámicas que se propoñen e levan a cabo na ximnasia benefician á súa respiración, movilidade, psicomotricidade e musculatura. Ademais, as actividades deste tipo son moi positivas para as relacións sociais no rural. 

Comentarios