Concentración dos traballadores da dependencia para esixir condicións laborais dignas

Concentración dos traballadores da dependencia para esixir condicións laborais dignas
Concentración dos traballadores da dependencia para esixir condicións laborais dignas

O sector, feminizado cun 90% de ocupación feminina, está a xerar un emprego totalmente precarizado

Dende FeSP-UGT apuntan que as empresas privadas son as que maioritariamente atenden este servizo, ante a ausencia dun servizo público suficiente para xestionar as prestacións que a Lei da Dependencia outorga como dereito subxectivo.

As empresas ao non obter os ingresos esperados, pola falta de financiamento, utilizan o camiño máis sinxelo para a obtención de beneficios: aumentan xornadas, diminúen salarios, recortan dereitos, aumentan a precariedade e diminúen a estabilidade laboral.

Así, o sector, feminizado cun 90% de ocupación feminina, está a xerar un emprego totalmente precarizado.

Esta situación agrávase pola negativa dos empresarios a negociar un convenio digno que aumente os baixos salarios do sector, como mínimo, ao que mandata o AENC, que no 2020 ningún traballador cobre por baixo dos 1.000 euros ao mes.

Comentarios