Os populares de Santiago pechan unha campaña para que esta forza "volva a ser a máis votada na capital"

Os populares de Santiago pechan unha campaña para que esta forza "volva a ser a máis votada na capital"
Os populares de Santiago pechan unha campaña para que esta forza "volva a ser a máis votada na capital"

Durante estas semanas, o Partido Popular de Santiago arroupou, de forma constante, aos candidatos pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados, Marta González e José Ramón De La Fuente, co fin de que a súa mensaxe chegase a toda a sociedade santiaguesa

O Partido Popular de Santiago fixo un especial despregue para a as Eleccións do vindeiro domingo, 10 de novembro, visitando as distintas parroquias compostelás, ademais de asociacións, agrupacións de veciños das distintas áreas de Santiago.

Cando tan so quedan horas para o remate da campaña electoral, son aínda moitos os encontros que quedan por facer, xa que, nestas dúas xornadas, celebraranse varios coloquios, tanto co presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, como con distintos membros do seu Goberno, como os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e o de Economía e Industria, Francisco Conde.

Durante estas semanas, o Partido Popular de Santiago, baixo a dirección do presidente da Xunta Xestora, Borja Verea Fraiz, e as conselleiras do Mar, Rosa Quintana; de Educación, Carmen Pomar; e de Política Social Fabiola García, ademais de o de Medio Rural José González, arrouparon, de forma constante, aos candidatos pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados, Marta González e José Ramón De La Fuente, co fin de que a súa mensaxe chegase a toda a sociedade santiaguesa.

O Partido Popular de Santiago estivo acompañado sempre por militantes, afiliados e simpatizantes, que fixeron un importante traballo a prol de que esta forza volva a ser a máis votada na capital de Galicia.

Un dos actos máis destacados de todo este tempo foi o encontro central na sala Capitol, que se encheu para escoitar ao presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo; o presidente provincial, Diego Calvo; e ao presidente da xestora, que estiveron acompañados de numerosos veciños e representantes do partido.

Así, durante estes día percorréronse barrios como o das Fontiñas, San Lázaro, Casco Histórico, Santa Marta, Conxo, Castiñeiriño, o Ensanche, a praza de Abastos, a zona de Galeras e a Rocha, entre outros. Tamén foron moitas as zonas do rural que se visitaron, ao que se sumou unha xuntanza cos numerosos colaboradores do rural.

Foron protagonistas tamén desta campaña os xoves, posto que Novas Xeracións de Santiago promoveu distintos encontros cos mozos e mozas, tanto no Campus Sur como noutras zonas de Compostela.

Nestes días, o Partido Popular de Santiago puido notar nas rúas que a veciñanza volta a amosar gañas e ilusión por volver a reconectar o partido coa cidade, polo que queda marcado o obxectivo que, tras estas eleccións, hai que seguir traballando coa mesma forza, ampliando equipos e incorporando novas caras e novos perfís.

Comentarios