O Consorcio reparará as cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario

O Consorcio reparará as cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario
O Consorcio reparará as cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario

Segundo o arquitecto, o estado da pedra das fachadas é bo, aparentemente non hai perdas de material. A fábrica é de boa factura e non se perciben tampouco fortes deformacións nin gretas

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario, por un importe global de 128.818,71 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago Ramón Fernández Hermida. Explica que o obxectivo principal desta actuación é evitar a entrada da auga da choiva cara ao interior dos muros das capelas da Nosa Señora do Socorro, Santa Catalina e Santa Escolástica. "Intervirase nas súas cubertas, ao tempo que se realizará unha limpeza e rexuntado das súas fachadas e das fachadas da nave central da igrexa que son accesibles desde estas cubertas, xunto a outras obras menores", sinala.

O arquitecto indica que a tella atópase en moi mal estado, con falta de moitas pezas e outras moitas rotas; ademais, hai unha gran cantidade de vexetación que obstrúe as canles. "Aínda así, e dado que as placas de fibrocemento que hai por debaixo da tella están en bo estado, a maior entrada de auga ao interior dos muros prodúcese polos encontros dos faldróns das cubertas e os muros verticais da igrexa", afirma.

ABUNDANTE SUCIEDADE E VEXETACIÓN

Segundo o arquitecto, o estado da pedra das fachadas é bo, aparentemente non hai perdas de material. A fábrica é de boa factura e non se perciben tampouco fortes deformacións nin gretas. Non parece estar a pedra meteorizada por causa de axentes atmosféricos, contaminación… Non obstante, percíbense zonas que invadiu a vexetación e áreas colonizadas por mofos e liques e, en xeral, con abundante sucidade. En determinadas zonas os rexuntados da pedra están desprendidos ou non existen.

Os pináculos que están á dereita da fachada da igrexa teñen unhas ancoraxes deficientes que non aseguran a súa estabilidade, polo que se repararán. Tamén se amañarán as varandas de balcón do corpo das escaleiras, que presentan un alto grao de oxidación. seo seguro con máis iluminación". 

Comentarios
Lo más