Cortes de tráfico na avenida da Liberdade

Cortes de tráfico na avenida da Liberdade
Cortes de tráfico na avenida da Liberdade

Na confluencia da avenida da Liberdade coa rúa do Presidente Gerardo Fernández Albor, o tráfico será desviado por esta cara a rúa de Julia Minguillón

Con motivo da instalación dun camión guindastre para unha obra particular na confluencia da rúa das Trece Rosas coa avenida da Liberdade, esta estará cortada parcialmente ao tráfico entre as 8:00 e as 20:00 horas de hoxe venres, desviándose o tráfico pola rúa das Trece Rosas. 

Na confluencia da avenida da Liberdade coa rúa do Presidente Gerardo Fernández Albor, o tráfico será desviado por esta cara a rúa de Julia Minguillón.

Este corte afectará á liña C2 do transporte urbano. Durante o horario indicado, na saída do Hospital Clínico, os autobuses circularán pola rúa da Choupana. 

Quedará suprimida a parada 686, na avenida da Liberdade. Os usuarios poden dirixirse á parada 187, na rúa da Choupana, que a liña realizará como alternativa.



Comentarios
Lo más