Péchase o paseo da Quinta por mor dunha rodaxe

Péchase o paseo da Quinta por mor dunha rodaxe
Péchase o paseo da Quinta por mor dunha rodaxe

Será dende as 14:00 horas da mediodía

Hoxe venres e con motivo dunha rodaxe, dende as 14:00 horas producirase un corte de tráfico no paseo da Quinta, na urbanización de Brandía.

Debido a este corte, dende a devandita hora e ata a finalización dos servizos do día, a liña 8 do transporte urbano non poderá acceder á urbanización, realizando a última parada antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefón, para volver dende alí cara ao centro cambiando de sentido na rotonda. Quedarán suprimidas as paradas dentro da urbanización: 632 e 633.


Comentarios