A problemática da Mina de Touro chegará a vindeira semana ata Bruxelas

A problemática da Mina de Touro chegará a vindeira semana ata Bruxelas
A problemática da Mina de Touro chegará a vindeira semana ata Bruxelas

A propia Ana Miranda, eurodiputada do BNG, asegura que os problemas da minería deben escoitarse en toda Europa

A vindeira semana unha delegación integrada por representantes veciñais e sociais que se opoñen á reapertura da Mina de Touro viaxarán ata Bruxelas para tratar na Comisión de Peticións as denuncias presentadas polos diferentes colectivos.

“Igual que conseguimos que a denuncia polo mal estado da ría do Burgo aberta quedase aberta e que unha delegación de eurodeputados a visitase para comprobar a súa contaminación, desde o Bloque queremos que a denuncia sobre a Mina de Touro quede aberta e sexa visitada por unha delegación da Eurocámara para que investigue a contaminación que causa", asegura Ana Miranda, a eurodiputada do BNG no Parlamento Europeo.

A voceira do BNG en Europa explica que a delegación que se desprace a Bruxelas manterá unha reunión de traballo coa eurodeputada dos Verdes-ALE Tatjana Ždanoka, vicepresidenta da propia Comisión de Peticións.

A propia Ana Miranda asegura que os problemas da minería deben escoitarse en toda Europa.  “Parécenos lamentable que o goberno galego non faga nada ao respecto, tendo en conta que a ampliación da mina orixinal, ademais de xerar contaminación e acumulación de residuos, provoca interferencias negativas con outras actividades económicas da zona”, afirmou.

Un dos seguintes paso para o BNG e conseguir que unha misión oficial do Parlamento Europeo viaxe ata Galicia e coñecer de primeira man as consecuencias da megaminería e como está a afectar ao entorno, tal como a contaminación na ría de Muros e Noia polos vertidos da mina de San Finx ou os problemas do río Ulla.

Comentarios
Lo más