Continúa o frío polar e as chuvias na cidade

Continúa o frío polar e as chuvias na cidade
Continúa o frío polar e as chuvias na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima ata os 12ºC

Persiste o aire frío sobre Galicia durante esta xornada, polo que se agardan ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos ás primeiras horas e que irán remitindo co avance do día. 

A cota de neve comezará nos 1000 m e irá en progresivo ascenso.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima ata os 12ºC.

Os ventos soprarán do noroeste, moderados en xeral, con intervalos fortes na costa pola mañá.

Comentarios
Lo más