Arde un taller mecánico en Pontecesures calcinando a dous vehículos

Arde un taller mecánico en Pontecesures calcinando a dous vehículos
Arde un taller mecánico en Pontecesures calcinando a dous vehículos

Todo comezou ás 2:30 horas desta madrugada cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun incendio no lugar de Redondo

Un lume nun taller mecánico afectou a seis vehículos – e calcinou por completo a dous deles – no concello pontevedrés de Pontecesures, sen, afortunadamente, causar danos persoais.

Todo comezou ás 2:30 horas desta madrugada cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun incendio no lugar de Redondo.

Tras ser avisados polo 112, os Bombeiros do Salnés e os membros do GES de Valga acudiron ao lugar dos feitos e puideron controlar as lapas.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

Comentarios