Veciños de Ribeira comezan os seus estudos de IV Ciclo

Veciños de Ribeira comezan os seus estudos de IV Ciclo
Veciños de Ribeira comezan os seus estudos de IV Ciclo

O prazo de matrícula segue aberto co que aquelas persoas maiores de 50 anos interesadas poden sumarse ao curso

En aplicación do convenio colaborativo entre o Concello de Ribeira e a Universidade de Santiago de Compostela rubricado a semana pasada, na tarde do cinco de novembro comezaron os seus estudos de IV Ciclo un total de 25 veciños maiores de 50 anos.

A clase –que se desenvolve no Centro Cultural Lustres Rivas— veu precedida dun sinxelo acto de presentación que contou coa participación da concelleira de Educación do Concello, Juana Brión, e da directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira, quen ofreceu aos asistentes unhas explicacións e primeiras pautas de canto implica que Riveira sexa sede permanente desta iniciativa: expedición de carné de estudante da USC, necesidade de escoller un representante do alumnado,…

A continuación, o profesor de Dereito Civil Xaime Regueiro principiou coa materia da que el se vai encargar: “Fundamentos de Dereito”. Outros contidos que se darán neste curso son “Informática básica”, “Iniciación á bioloxía humana”, “Xeografía de Galicia” e “A política hoxe”. O curso estenderase ata o 17 de xuño.

O prazo de matrícula segue aberto co que aquelas persoas maiores de 50 anos interesadas poden sumarse ao curso.

Comentarios