O Victoria F.C non para e pensa no seguinte triunfo na Liga

O Victoria F.C non para e pensa no seguinte triunfo na Liga
O Victoria F.C non para e pensa no seguinte triunfo na Liga

O Victoria F.C., cuarto na táboa con 14 puntos, buscará o seu quinto triunfo pese as baixas unha semana máis de Anxela e Carlita

Non hai tempo no Victoria F.C. para recrearse nos triunfos. Nunha Liga exixente como é a 1.ª Nacional cada xornada é un reto e máis se o rival e o segundo clasificado como é o caso deste domingo no encontro que se disputa no Municipal de Santa Isabel (12.00 horas). Porque o equipo 'rojillo' recibe ao CD Monte, un conxunto que suma 21 puntos despois de 7 vitorias e unha soa derrota neste inicio de tempada sendo tamén o plantel máis goleador da categoría con 37 tantos e o segundo que menos encaixa con só seis.

O Victoria F.C., cuarto na táboa con 14 puntos, buscará o seu quinto triunfo pese as baixas unha semana máis de Anxela e Carlita (con sendas escordaduras de nocelo) mentres que Inés regresa á convocatoria tras superar os seus problemas no nocelo.

"Non me sorprende para nada a posición do CD Monte na clasificación. Sen balón presiona moi arriba no campo contrario, é moi intenso e dificultará a saída do balón", analiza Chivi García ao rival do domingo. "Co balón non arriscan nada, xogan directo para as xogadoras de arriba, son moi rápidas e pelexan moi ben os balóns aéreos", engade o técnico santiagués.

Chivi entende que o seu equipo debe "sair coa mesma intensidade que elas. Gañar en medio campo os balóns en segundas xogadas e non arriscar no inicio do xogo de portería". "Elas saben aproveitar esas accións e nos poden golear", insiste o adestrador do Victoria F.C.

Comentarios