Tres persoas feridas nun accidente múltiple na autovía Santiago-Brión

Tres persoas feridas nun accidente múltiple na autovía Santiago-Brión
Tres persoas feridas nun accidente múltiple na autovía Santiago-Brión

O accidente tivo lugar na AG-56, concretamente no punto quilométrico 4,500, á altura da parroquia de Bugallido

Tres persoas resultaron feridas nun choque múltiple no que se viron implicados outros tantos turismos esta mañá en Ames. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as tres vítimas foron trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar na AG-56, concretamente no punto quilométrico 4,500, á altura da parroquia de Bugallido.

Nada máis ter constancia do sinistro a través dunha persoa particular ao fío das 11:25 horas, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros de Boiro e Santiago, a Protección Civil da localidade e ao GES de Brión.

Comentarios