Animalistas suman 200.000 firmas para prohibir a caza con cans

Animalistas suman 200.000 firmas para prohibir a caza con cans
Animalistas suman 200.000 firmas para prohibir a caza con cans

A petición da Asociación Animalista Libera para prohibir o uso de mandas de cans na caza en Galicia suma un total de 198.896 firmas. O colectivo considera que utilizar cans para actividades cinexéticas xera "malas prácticas" entre os propios cazadores e fomenta "lances crueis" con animais silvestres.

Os animalistas destacan que, no caso da Comunidade galega, permítese o uso de mandas de ata 30 cans, o cal consideran que "multiplica, ademais do risco de ensañamento e a violencia, o impacto ambiental dos cans e o acoso a outras especies animais".


Doutra banda, a asociación pide unha "paralización inmediata" da proposta da Xunta para legalizar as modalidades de caza 'en man' e 'ao salto', por consideralas prácticas "perigosas para os propios cazadores, os animais e a cidadanía en xeral".

Libera quere seguir o camiño dun total de sete países europeos, como Dinamarca ou Luxemburgo, onde o uso de mandas non está permitido polo "seu impacto ambiental". Ademais, menciona países como Xenebra ou Costa Rica, que "xa prohibiron" toda actividade cinexética


Comentarios