O profesorado galego irá á folga o 12 de decembro

O profesorado galego irá á folga o 12 de decembro
O profesorado galego irá á folga o 12 de decembro

Entre as acción sindicais conxuntas destacan unha marcha-concentración arredor de San Caetano o vindeiro mércores, 13 de novembro; concentracións en todas as cidades galegas o xoves 21, e unha folga xeral o día 12 de decembro

Tal y como anunciaron en Santiago membros de todos os sindicatos con representación no ensino (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF). A primeira das accións a realizar será o vindeiro mércores, 13 de novembro. Delegados e delegadas sindicais levarán a cabo unha marcha arredor do edificio da Xunta en San Caetano que finalizará cunha concentración fronte ás instalacións da Consellaría de Educación. Este mesmo mes, o día 21, haberá concentracións unitarias nas sete grandes cidades galegas para amosar o profundo malestar e o cansazo do persoal docente galego ante os ataques e os recortes sufridos na última década.

As mobilizacións neste primeiro trimestre está previsto que culminen o día 12 de decembro cunha folga xeral no ensino. A data elixida responde á necesidade de incluír nos próximos Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza para 2020 que neses momentos aínda estarán sen aprobar. 

As organizacións sindicais teñen previsto chegar até as últimas consecuencias con esta reivindicación “porque non é de recibo que o profesorado siga pagando as políticas antisociais e privatizadoras dos gobernos do PP”. De non producirse unha negociación antes do 12 de decembro, “a partir da semana que vén comezaremos unha intensa campaña de información en todos e cada un dos centros educativos galegos promovendo a mobilización do profesorado para que a convocatoria de folga sexa unha resposta contundente á negativa e ao desprezo da Consellaría”, concluíu Bermello.

Comentarios