O Compos rompe o maleficio

O Compos rompe o maleficio
O Compos rompe o maleficio

Victoria do Compostela na Magdalena por 0-2 con goles de Samu e do 'recén chegado' Primo

Racing Villalbés 0 2 Compostela

   

Arrancaba o partido na Magdalena cos primeiros minutos de tanteo entre ambos equipos e sen chegadas claras nas áreas. A primeira con perigo chegaría no minuto 23 e sería para os locais.  Cuadrado, á media volta, buscou o gol desde a frontal, pero Pato voou para despexar a pelota a córner.

A réplica por parte do Compos tardou en chega e é que ata o tramo final da primeira metade non se animou a esedé que tivo varias opcións para abrir o marcador. Primeiro, un disparo de Brais Abelenda desde a frontal que se marchou por enriba do longueiro. Despois, ao fio do descanso, de novo o mesmo protagonista tivo un man a man  tras roubar no centro do campo, pero non foi quen de superalo. Pita salvou o tanto co seu corpo.

Con 0-0 no marcador chegábase ó descanso tras unha primeira metade con poucas ocasións na que as máis claras foron para un Compos que non foi quen de abrilo marcador. 

Tras unha primeira parte igualada, xa no segundo tempo abriríase a lata dos goles. Non sería ata o 57' cando Samu adiantou ó conxunto visitante.  Tremendo zapatazo do xogador da esedé desde 35 metros que sorprendeu a Pita. Golazo.

O tanto reconfortou aos branquiazuis que a punto estiveron de ampliar diferenzas dous minutos máis tarde. Nesta ocasión, Miki atopou o espazo pola banda, puxo o centro para Primo e este buscou o disparo cruzado, pero o porteiro tapou á perfección e despexou o esférico.

O partido avanzaba con 0-1 no marcador e sen grandes ocasións no feudo Villalbés. Co paso dos minutos, o triunfo do conxunto compostelán estaba cada vez máis preto pero, como no podía ser doutra forma, no partido da súa volta, Primo tamén se quixo anotar un tanto e no 85' puxo o definitivo 0-2 no marcador. Pablo Antas colgouna ao segundo pau para Primo e este, nunha gran acción individual, recortou ao defensa e soltou un golpeo de esquerda que entrou pola escuadra contraria.

Ficha técnica
Racing: Pita; López, Muiña (Ángel, m.71), Josito, David Buyo; Javi Varela, Make; José Varela, Sandá (Sito, m.62), Diego Rey (Moreda, m.79); y Cuadrado
Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu, Baleato; Miki, Josiño (Pablo Antas, m.68), Brais Abelenda (Gabri Palmás, m.79); y Primo (Rodri Alonso 90’)
Goles: 0-1, min 57: Samu. 0-2, min 85: Primo
Árbitro: Pedro Oreiro. Sin amonestacións
Incidencias: Partido correspondiente a la decimo segunda jornada del grupo I de Tercera División disputado en A Magdalena, Villalba
 
Comentarios