​Mal partido do Victoria F.C. en Santa Isabel

​Mal partido do Victoria F.C. en Santa Isabel
​Mal partido do Victoria F.C. en Santa Isabel

O conxunto santiagués botou por terra a oportunidade de facer dano ao segundo clasificado nun encontro que acabou levándose o CD Monte impoñendo a súa intensidade e aproveitando os erros do seu anfitrión.


O conxunto cántabro foi mellor nos primeros 45 minutos. Na primeira metade se atopou cun equipo rojillo incapaz de contrarrestar as súas transicións defensa-ataque que fixeron moito dano as composteláns, ainda que non foron quen de aproveitar as súas ocasións, algunhas moi claras, de cara ao gol.

As malas noticias non acabaronn nesta pobre imaxe xa que o Victoria F.C. sumou dúas novas baixas á enfermería, Carla e Marta, que tiveron que ser sustituidas. Quiso reaccionar o plantel santiagués na reanudación e mellorou o seu xogo pero un erro defensivo moi grave tivo como castigo o único tanto do encontro coa firma de Camen Cuesta no minuto 57.

Por debaixo no marcador, arriscou o conxunto local para buscar ó empate e tivo a súa oportunidade tras un derribo a Noela na área, pero o Victoria F.C., nunha mañá para esquecer, errou o penalti no minuto 64. 

"Os últimos minutos xogámolos na súa área pero non fumos quen de marcar", lamenta o técnico santiagués Chivi García que sinala como a única boa noticia o retorno de Inés Villanueva tras superar unha escordadura de nocelo e o debut de Laura Mosquera.

Tras esta derrota, a terceira da tempada, o Victoria F.C. manténse na cuarta posición da táboa de 1.ª División Nacional feminina con 14 puntos, a 13 dun Viaxes Interrrías que segue de líder invicto na competición.
A décima xornada levará ao Victoria F.C. de novo a terras asturianas para xogar na casa do Gijón Fútbol Femenino o domingo a partir das 12.30 horas, décimo na clasificación con 8 puntos. 

Comentarios
Lo más