O SUP critica falta de formación e de medios "suficientes" na Policía galega

O SUP critica falta de formación e de medios "suficientes" na Policía galega
O SUP critica falta de formación e de medios "suficientes" na Policía galega

O sindicato advirte de que uns 900 axentes están sen chaleco propio en Galicia por un "problema de licitación" deste ano que provocou que "non se puido fornecer a ninguén" da dotación individual. 

A portavoz da organización Sandra Castro sinalou que os policías que están na rúa están "o 100% con chaleco" pero que non ocorre o mesmo cos axentes de grupos de investigación, os dependentes das brigadas da policía xudicial e os funcionarios de denuncias e atención cidadá.


Este tres últimos grupos son, segundo expuxo, os que "non teñen" chalecos e os que "o collen de prestado", cando nalgúns casos, é "un exterior que pesa unha barbaridade" ou a súa data de caducidade "non é correcta".

Por iso, Castro urxiu a "fornecer xa" o chaleco interior a este conxunto de policías, á vez que instou a "actualizar" os chalecos exteriores.Pola súa banda, Roberto González, tamén do SUP, avisou da falta de formación "adecuada" e de que a administración "non está a pór os medios suficientes" para adaptarse ao incremento da ciberdelincuencia.

"Temos moito camiño por percorrer", resaltou, en relación á existencia dun "número moi reducido" de axentes dedicados en exclusiva a este ámbito, que se sitúan na Coruña e Vigo e son "incapaces" de facer fronte a este tipo de delitos. 
Comentarios