En marcha unha nova edición da convocatoria de Novos talentos musicais

En marcha unha nova edición da convocatoria de Novos talentos musicais
En marcha unha nova edición da convocatoria de Novos talentos musicais

A inscrición pode realizarse ata o 15 de decembro

A USC e a Asociación Compostela Sound organizan o cuarto ciclo de concerto ‘Novos Talentos Musicais’ para a promoción de novos músicos/as galegos, residentes en Galicia ou estudantes de centros música da comunidade autónoma. 

Este Ciclo diríxese a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara menores de 29 anos. Constará de seis recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo da Universidade e na sala da Real Sociedade Económica de Amigos do País en Santiago de Compostela.

A inscrición pode formalizarse ata o 15 de decembro realizándose unha audición que sservirá de proceso de preselección o 11 de xaneiro de 2020. Esta proba desenvolverase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e os/as candidatos/as deben presentarse co/a seu pianista acompañante.

Comentarios