Europa escoitará mañá a problemática da mina de Touro

Europa escoitará mañá a problemática da mina de Touro
Europa escoitará mañá a problemática da mina de Touro

Membros das diferentes plataformas que conforman a rede Contraminacción visitan Bruxelas para presentar ante Europa a problemática da mina de Touro

Esta mañá membros de distintos colectivos da rede Contraminacción, entre eles a Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON, viaxaron ata Bruxelas para poder defender diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo as reclamacións sobre o mega proxecto que queren implantar a empresa Cobre San Rafael, e a falta de transparencia por parte da Xunta de Galicia sobre o tema.

Mañá será o gran día para poñer en coñecemento das autoridades europeas a situación que está vivindo os concellos de Touro e O Pino, así como a súa afectación a outros moitos concellos de Galicia. Ana Miranda, eurparlamentaria do BNG, é a encargada de loitar durante tempo para poñer o proxecto enriba da mesa dos asuntos europeos.

VISITA AO PARLAMENTO 

Pola tarde os compoñenentes da rede Contraminacción visitaron o Parlamento Europeo para coñecer dende dentro o funcionamento dunha cámara que para moitos é descoñecida. O poder lexislativo da Cámara de Europa reside nos diferentes europarlamentarios, 751, que son elexidos cada cinco anos polos países que forman parte da Unión Europea.

Dende dentro se coñece a importancia do traballo dos políticos para levar ante Europa os asuntos que interesan e afectan aos cidadáns e cidadás. Neste caso, o traballo do BNG, a través de Ana Miranda, para poder levar adiante as demandas dos afectados pola mina de Touro dou como resultado que mañá se presenten todas queixas e demandas da Plataforma.

O obxectivo e conseguir unha visita oficial por parte das autoridades europeas ata Touro para que coñezan como o mega proxecto de minería por parte da empresa Cobre San Rafael pode afectar tanto aos habitantes de Touro, como os de O Pino e o camiño de Santiago.

MINA TOURO EUROPA

O GRAN DÍA

Mañá tocará reunión coa vicepresidenta da Comisión de Peticións, Tajtana Zdanoka, a eurodiputada responsable do informe do estado das Rías galegas que escoitará todas as demandas, queixas e reclamacións por parte dos presentes.

Despois será a quenda dos peticionarios que falarán diante de todos os deputados europeos sobre a situación do proxecto de Touro e pedir unha visita oficial para iniciar unha investigación. A Cmisión Europea e demáis grupos políticos terán o seu momento para pedir o seu turno de palabra.

Os membros esperan que todo o traballo que levan preparando dende fai dous anos poida verse recompensado por parte do Parlament Europeo para coñecer a problemática e poñer punto e final a un proxecto perigoso para Touro e sen dúbida, para toda Galicia.

Comentarios
Lo más