Acaba a breve tregua de chuvia en Compostela

Acaba a breve tregua de chuvia en Compostela
Acaba a breve tregua de chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 14 graos

O martes un centro de baixas presións situarase ao noroeste de Galicia. Deste xeito, os ceos estarán cubertos e as precipitacións serán xeneralizadas, máis persistentes e intensas na segunda metade do día.

As temperaturas comezarán baixas, pero irán aumentando conforme avance o día, acadándose as máximas ao final da xornada. O vento soprará do suroeste, aumentando progresivamente ata acadar refachos fortes en toda a Comunidade durante a tarde.

En Compostela, ao igual que no resto da comunidade, agárdanse chuvias ao longo de todo o día con maior persistencia durante a tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral. 

Comentarios