Os eurodeputados amosan a súa preocupación sobre a problemática da mina de Touro

Os eurodeputados amosan a súa preocupación sobre a problemática da mina de Touro
Os eurodeputados amosan a súa preocupación sobre a problemática da mina de Touro

Os veciños de Touro expoñen os seus motivos para conseguir que Europa escoite os problemas da mina de Touro e poida manterse aberta a súa petición de investigación

Durante a mañá de hoxe membros da rede Contraminacción mantiveron un encontro con Tatjana Ždanoka, vicepresidenta da Comisión de Peticións, para escoitar a problemática sobre a mina de Touro e como podería afectar aos veciños da zona e aos traballadores da ría de Arousa, a través do río Ulla.

Os veciños queren que Europa coñeza de primeira man a desidia da Xunta de Galicia sobre un asunto que condiciona o futuro da terra e a herdanza ás vindeiras xeracións.

Isabel García, voceira da Plataforma Mina Touro - O Pino NON, explicou que a problemática comezou en 1988, cando desmantélase a mina de ceo aberto de cobre que viña traballando no concello dende 1974. Dende o primeiro momento comezaron os graves problemas ambientais e de afectación ás augas da zona con terreos completamente dañados e sen estar recuperados.

Agora, co novo proxecto de mega minería en Touro pretenden, por un lado, abrir a explotación antiga e  ademais unha nova que pretende ocupar os terreos dos veciños que viven da gandería e da agricultura como fonte de emprego. “Estas terras foros impulsadas polos fondos europeos e non entendemos como ese diñero investido poida quedar en nada”, asegurou Isabel diente dos presentes.

É MÁIS PRODUCTIVO DAÑAR QUE PAGAR”

“Os gandeiros e agricultores queren seguir vivindo e traballando neste sector e non queren ver como as súas terras poidan ser expropiadas”. A construcción da nova mina quedaría ao lado das vivendas de moitos veciños que convivirán con balsas tóxicas que provocaría a pobreza da zona.

Isabel quixo deixar claro que a problemática "é moito máis que a mina" xa que os vertidos no río Ulla poden provocar un pH ácido e non poder ser consumido polas persoas. "Estos vertidos van directos ata a ría de Arousa, poidendo afectar a unha das rías máis productivas de Galicia, é a que xera máis emprego da comunidade".MINA TOURO

Ademáis, aseguran os veciños que por parte da administración local de Touro “estase a mirar a outro lado”. “Somos os veciños os que temos que estar denunciando polos danos provocados”, asegura Isabel. De momento, as infraccións xiran arredor dos 5.000 ou 30.000 euros e deixan claro que “é máis productivo dañar que pagar”.

Chegamos aquí para que nos defendan, para que nos escoiten, para que Europa manteña aberta esta petición e poidan enviar una comisión de investigación da mina de Touro e vexan cos seus propios ollos a realidade”, deixou claro a voceira da plataforma.

Este non é un caso único xa que se está a dar noutros lugares de Galicia como o famoso Monte Neme ou San Finx, no concello de Lousame, e que está afectando á ría de Noia.

UN PUNTO DE NON RETORNO

A construcción da nova mina podería chegar a un punto de no retorno para a recuperación da flora e fauna de zona. A contaminación xa é máis que evidente nas augas de Touro porque “están tirando vertidos sen control sin vixilancia” degradando a natureza.

Un exemplo claro o Brandelos, un afluente do Ulla, un río morto e apoiado por estudos de biólogos que aseguran que moitos animais protexidos quedaron degradados. Así, un estudo da Universidade de Vigo asegura que as escamas de salmón teñen unha acumulación de metais pesados provocando que as crías teñan unha maior carga.

Augas de Galicia só analiza os materiais básicos da auga pero non os metais pesados polo que "non lle podemos dar fiabilidade ao que estamos consumindo ou aos nosos aniamais". Os ríos non contan con ninguha sinalización para saber se o estado da auga é potable ou non.

"MORTE, IMPUNIDADE E DESTRUCCIÓN"

Pola tarde foi a quenda da Comisión de Peticións no que tres peticionarios; Luis Gallardo, Pilar Sampedro, Iria Ares tiveron presentaron ante todos os eurodeputados presentes a situación que se está a vivir en Touro para que se manteña aberta a petición para a súa investigación.

TOURO MINA

Gallardo asegurou que por parte da administración autonómica non se escoita aos veciños. "Hai morte, impunidad e destrución", afirmou de forma categórica ante as atentas miradas dos deputados europeos que estuveron vendo en todo momento imaxes dos problemas da mina na contorna. "O problema persiste e a Xunta non para o proxecto".

Pilar Sanmpedro, membro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, asegurou que necesitan que Europa manteña aberta a petición e envíen una comisión de investigación porque a administración galega "non escoita a voz das persoas polo lucro e avaricia duns poucos".

Catro grupos parlamentarios apoiarion para que siga o proceso de apertura da investigación por ser un tema que pode estar vulnerando certas directivas medioambientais. O Partido Popular amosou o seu desarcordo tildando a intervención dos presentes como "superflua, infundada e prematura" e marcando que "é un ataque directo ao sector mineiro galego". "Os feitos presentados non teñen rigor", asegurou Francisco José Ricardo Millán Mon, o deputado europeo do PP.

Finalmente, o sentido común e os feitos convenceron aos demais grupos presentes para deixar claro que a petición deberá continuar aberta e estudar a posible visita a Touro por parte dunha delegación especial para a súa investigación no propio terreo.

ANA MIRANDA AMOSA A SÚA SATISFACIÓN

Ana Miranda, do grupo europeo do BNG, valora positivamente a decisión da Comisión e deixa claro que o Partido Popular "quédase só polas mentiras e a ocultación de información" xa que o apoio foi amplo por parte dos eurodeputados presentes.

TOURO MINA

"A Xunta ten bos recaderos que só len textos sen contrastalos e sen falar cos peticionarios", aseveorou Miranda ao remate das intervencións dos membros presentes. "Esta é unha petición con fundamento dende fai tempo e ao tratarse dun caso grave tense que manter aberto". A eurodeputada deixou claro que o único obxectivo por parte da Xunta de Galicia é o "lucro" sen escoitar ás persoas.

O seguinte paso será que a Comisión Europea pida información á Xunta e ao Goberno de España para saber se están cumplindos as tres directivas europeas que se teñen que aplicar e enviar toda a documentación necesaria. Ademais se espera que nos vindeiros meses poida coñecerse se a unha misión oficial chegará a Touro para ver os feitos denunciados.

Comentarios