Desaloxan un hotel de Redondola por un incendio nas súas instalacións

Desaloxan un hotel de Redondola por un incendio nas súas instalacións
Desaloxan un hotel de Redondola por un incendio nas súas instalacións

Foron seis as persoas desaloxadas que puideron regresar ao hotel unha vez extinguido o incendio

Un incendio declarado a pasada noite nunha habitación dun hotel en Redondela mobilizou aos servizos de emerxencia, que desaloxaron o establecemento. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume orixinouse na cociña dunha das estancias e afectou ao mobiliario e á campá extractora, sen que se rexistrasen danos persoais.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia para dar conta do incendio ao fío das 00:35 horas. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local e de Protección Civil de Redondela. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Vigo.

Segundo puido saber o 112 Galicia, foron seis as persoas desaloxadas que puideron regresar ao hotel unha vez extinguido o incendio.

Comentarios
Lo más