O Concello de Noia decreta un día de loito oficial pola morte dun veciño da parroquia do Obre tras embarrancar un pesqueiro en Castro Baroña

O Concello de Noia vén de decretar un día de loito oficial con motivo do falecemento de José Manuel C. G., veciño da parroquia noiesa do Obre, tras embarrancar o pesqueiro “Divina del Mar” nas proximidades do Castro Baroña, no termo municipal de Porto do Son.

Así, de acordo co disposto no artigo 22.1.k da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, vén de decretar hoxe 12 de novembro día de loito oficial e ordenar que a bandeira da Comunidade Autónoma ondee en solitario e a media asta en todos os edificios municipais en sinal de dó.

Unha decisión da que se dará conta ao pleno municipal na primeira sesión ordinaria que se celebre. Así mesmo, o alcalde de Noia quere transmitir o máis sentido pesar da corporación municipal á familia e amizades do finado, así como desexar unha pronta recuperación para os feridos. 

Freire Abeijón desprazouse esta mañá ata Castro Baroña para coñecer as circunstancias do accidente e seguir sobre o terreo as tarefas para tentar reflotar o pesqueiro xunto ao alcalde de Porto do Son, Luís Oujo.

Comentarios
Lo más