Bugallo recibiu á presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

Bugallo recibiu á presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC
Bugallo recibiu á presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

A presidenta de Alumni USC informou ao alcalde das actividades da entidade

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este mércores a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC), Benita Silva Hermo, e un dos seus vogais, Manuel Fraga Carou.

A presidenta de Alumni USC informou ao alcalde das actividades da entidade, que reúne na actualidade a uns 700 socios. En particular, demandou o apoio municipal á celebración en Santiago, en outubro de 2021, da xuntanza anual da Federación Española de Alumni.

Comentarios