Todas Comisión Interuniversitarias de España visitan hoxe a USC

Todas Comisión Interuniversitarias de España visitan hoxe a USC
Todas Comisión Interuniversitarias de España visitan hoxe a USC

O acto presidido polo reitor Antonio López terá lugar este xoves 14 de novembro ás 10:00 horas, na aula 6 da Facultade de Ciencias Políticas

O reitor Antonio López preside este xoves 14, a partir das 10:00 horas, na aula 6 da Facultade de Ciencias Políticas, a reunión de todos os órganos equivalentes á Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) en toda España. O presidente da CIUG, Iván Area Carracedo, e o Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, tamén tomarán parte na apertura da xornada. 

A confidencialidade na elaboración das probas de acceso á universidade, medidas para garantir o anonimato na corrección dos exames, o réxime disciplinario na realización dos mesmos, os procesos de revisión ou o calendario de exames e a súa adaptación para estudantes con necesidades especiais, serán algunhas das cuestións abordadas no encontro que se prolongará ata o venres 15. A segunda xornada servirá para debater sobre o calendario e procedemento de acceso á universidade ou o traslado de expedientes. 

Comentarios