Seguirán as chuvias en Compostela

Seguirán as chuvias en Compostela
Seguirán as chuvias en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 10ºC

A situación meteorolóxica desta xornada quedará marcada polo achegamento dunha borrasca moi fría que se situará ao norte da península Ibérica. 

Deste xeito os chuvascos serán frecuentes en calquera punto de Galicia, por momentos de forte intensidade, e ocasionalmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico.

Cota de neve sobre os 800-900 metros.

As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 10ºC.

Os ventos soprarán do noroeste, fortes, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas do interior.

Comentarios
Lo más