Cabreo entre os pais de Ames polo cobro dos servizos complementarios

Cabreo entre os pais de Ames polo cobro dos servizos complementarios
Cabreo entre os pais de Ames polo cobro dos servizos complementarios

Enfado entre a comunidade de pais do concello de Ames ante o aviso do mesmo do cobro dos servizos complementarios municipais

O concello de Ames facía pública hoxe a información sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios de educación. Unha información ante a que a reacción das familias non se fixo esperar.

O incumprimento no dos prazos no envío dos recibos por parte da concellería encargada a cargo de David Santomil, fai que agora moitas familias teñan que asumir nos últimos meses do ano pagos de ata 700 euros. 

Así informaba o concello dos pagos a realizar:

Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios municipais. O día 21 de novembro cobraranse os recibos da Escola de Verán de 2019 e do Setembro Lúdico de 2019, mentres que o día 25 de novembro cargaranse os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas do mes de setembro de 2019. Por outra banda, decidiuse que os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas correspondentes aos meses de outubro e novembro de 2019 cobraranse no vindeiro mes de decembro.

Non é algo novo para as familias de Ames xa que o ano pasado volveron a vivir a mesma situación dunha acumulación nos recibos seguidos. Nese momento, dende a concellería de Educación, falaban dunha regularización, dun proceso para estar ao corrente dos cobros.

Preguntado fai unhas semanas sobre este novo retraso Santomil aclaraba que estaban a elaborar o censo xa que é un proceso laborioso e a burocracia ten os seus tempos. Esperamos que nos vindeiros días e no mes de novembro xa se pasen os correspondentes recibos".

Comentarios
Lo más