Santiago pechas os seus parques debido ao fortes ventos rexistrados

Santiago pechas os seus parques debido ao fortes ventos rexistrados
Santiago pechas os seus parques debido ao fortes ventos rexistrados

O Concello adoptará un dispositivo de acollida para aquelas persoas que dormen habitualmente nas rúas de Compostela, habilitando un lugar para pernoctar nas instalacións de Protección Civil no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro

Ante a alerta amarela meteorolóxica de fortes ventos e choivas decretada pola Axencia Galega de Emerxencias, o Concello comezou a pechar de varios parques municipais ata que remitan as malas condicións meteorolóxicas. Así, precintará e pechará temporalmente os parques da Alameda (incluída a carballeira de Santa Susana), Carlomagno e Cotaredo, e a carballeira de San Lourenzo.

Ademais, o Concello adoptará un dispositivo de acollida para aquelas persoas que dormen habitualmente nas rúas de Compostela, habilitando un lugar para pernoctar nas instalacións de Protección Civil no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Efectivos da Policía Local e dos Servizos Sociais informarán a estas persoas desta posibilidade e facilitarase o transporte ata as referidas instalacións.

Recomendan que a cidadanía adopte as debidas precaucións durante esta xornada, tales como retirar obxectos que poidan caer á rúa dende tellados balcóns e fiestras; asegurar portas e fiestras; evitar camiñar preto das fachadas dos edificios e vixiar a posible caída de obxectos; ou evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que poida derrubar o vento.

O Concello ten activados todos os seus servizos de emerxencias, coa participación de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Brigada de Vías e Obras e as concesionarias Aquagest e Urbaser. Ante calquera emerxencia os/as cidadáns/ás poden chamar ao 112 (Emerxencias de Galicia), 080 (Bombeiros) ou 092 (Policía Local).

Comentarios
Lo más