A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza sumouse á celebración do Día Mundial de Diabetes

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza sumouse á celebración do Día Mundial de Diabetes
A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza sumouse á celebración do Día Mundial de Diabetes

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza únese á celebración do Día Mundial da Diabetes, instalando  mesas informativas no Clínico e no Hospital de Ribeira


O Día Mundial da Diabetes celebrouse onte e a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza súmase a concienciación da importancia de previr, identificar e tratar esta doenza. O 13% da poboación adulta ten diabetes aínda que a metade deles non o sabe.

O doutor Miguel Martínez Olmos xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da área compostelá,  indica que “unha das importantes tarefas que temos por diante e a identificación e diagnóstico deste 6,5 % de persoas que non saben que teñen diabetes”. Así mesmo informa que “as accións do día mundial va encamiñas a un maior coñecemento de cales son os síntomas e factores de risco”.  E aproveitou a xornada para concienciar da importancia de levar un estilo de vida saudable, “a través da alimentación e do exercicio físico de forma regular. Aínda que tamén hai unha predisposición xenética, levar uns bos hábitos de vida son fundamentais para a prevención” engade Martínez Olmos,

O Día Mundial da Diabetes foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde en 1991, en resposta ao preocupante aumento da diabetes no mundo. O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas a esta enfermidade, para así axudar a previr o seu enorme crecemento. O Día Mundial da Diabetes reúne a millóns de persoas en máis de 160 países, incluíndo pacientes afectados pola diabetes, profesionais sanitarios, autoridades con poder de decisión en materia sanitaria e medios de comunicación. 

Cada ano as celebracións deste día viran ao redor dunha idea central, e en 2019 o tema é a “Diabetes e a Familia”. O Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de  Santiago-Barbanza programou unha serie de actividades con obxecto de transmitir á poboación a relevancia desta enfermidade e as súas importantes repercusións na vida non só do paciente, senón dos seus familiares. 

En primeiro lugar establecéronse dous puntos informativos, un no patio da entrada do Hospital Clínico e outro no Hospital da Barbanza, atendidos por persoal médico e de enfermería de Endocrinoloxía e Nutrición. Aquí ofreceuse información sobre prevención e control de diabetes, hábitos de vida saudable, ou cálculo do risco individual de padecer diabetes, que estivo accesible para pacientes ambulatorios, familiares e tamén para persoal hospitalario. 

Pola mesa instalada no Clínico pasaron uns 150 usuarios ao longo da mañá e preto de 100 pola mesa do Hospital da Barbanza.

Aos pacientes hospitalizados con diabetes faráselles chegar durante o día información sobre como asegurar un bo control da súa patoloxía e evitar complicacións, a través dun díptico que se achegará na bandexa das comidas e. Por último, tratarase de achegar a campaña informativa á poboación xeral fora do hospital. 

Así, o sábado 23 de Novembro, coa colaboración do Concello de Boiro, persoal do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición de Santiago, xunto coa enfermería voluntaria do Hospital dá Barbanza e de Atención Primaria da área levarán o punto informativo sobre “Diabetes e a Familia” ao Salón Multiusos do Mercado municipal de Boiro. En definitiva, o Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición de Santiago-Barbanza pretenderá coa organización das actividades enmarcadas neste evento internacional, que é o Día Mundial da Diabetes, mellorar o coñecemento da poboación en diabetes como estratexia fundamental para combatela e controlala. Por tanto, animamos a todos os interesados, pacientes ou familiares que acudan aos puntos informativos e axúdennos a loitar contra o que xa se estableceu como unha das epidemias do século XXI, a diabetes mellitus.

Comentarios
Lo más