Segue o temporal na cidade

Segue o temporal na cidade
Segue o temporal na cidade

En Compostela a mínima acadará os 5ºC e a máxima os 9ºC

Galicia continuará na influencia da borrasca fría localizada ao norte da península Ibérica, que tenderá a debilitarse ao longo da xornada.

Deste xeito os ceos estarán moi anubrados no norte, abríndose máis claros no sur; os chuvascos serán máis frecuentes na metade norte, onde aínda poderían vir acompañados de sarabia, sendo máis ocasionais no sur. 

A cota de neve moverase entre os 800 e os 1000 metros. 

As temperaturas non terán cambios, polo que a sensación continuará a ser de frío. En Compostela a mínima acadará os 5ºC e a máxima os 9ºC.

Os ventos soprarán fortes de compoñente norte no litoral e zonas altas do interior e moderados no resto.

Comentarios
Lo más