O colexio de avogados de Santiago celebra o acto central do seu 175 aniversario

O colexio de avogados de Santiago celebra o acto central do seu 175 aniversario
O colexio de avogados de Santiago celebra o acto central do seu 175 aniversario

O acto comezará ás 19:30 horas cunha benvida por parte do decano do colexio, Francisco Rabuñal

Máis de 250 persoas asistirán este venres no Paraninfo da Facultade de Historia ao acto central do 175 aniversario do Colexio de Avogados de Santiago.

Asistirán o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o arzobispo, Julián Barrio, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ademais de numerosas autoridades locais e autonómicas dos ámbitos xurídico, político e civil. 

O acto comezará ás 19:30 horas cunha benvida por parte do decano do colexio, Francisco Rabuñal. Posteriormente, haberá unha entrega de diplomas aos letrados e letradas con máis de 25 de anos de exercicio profesional e dunha medalla conmemorativa aos antigos deputados e deputadas da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago.

O acto rematará cun viño de confraternización no propio claustro da Facultade de Historia. Posteriormente, haberá un concerto no pub Retablo, no que participarán dous grupos musicais compostos por avogados.

O colexio pon fin desta maneira aos actos de seu 175 aniversario, ‘Avogacía Compostelá 1844-2019’. No primeiro deles, en xullo, o decano Francisco Rabuñal lembraba que “nas actas fundacionais de 1844 xa se falaba da necesidade de traballar desde o colexio para que Compostela tivera un maior peso institucional e xudicial”. “Seguiremos con ese compromiso, a avogacía estará sempre onde sexa necesario para os intereses da capital galega”, manifestou.

Comentarios