Salvan a vida a cinco vacas que caer nun pozo de xurro

Salvan a vida a cinco vacas que caer nun pozo de xurro
Salvan a vida a cinco vacas que caer nun pozo de xurro

Sucedeu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas de onte

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba puideron recuperar con vida a cinco das sete vacas que caeron a pasada tarde nun pozo de xurro ao romper a viga do seu peche.

Sucedeu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas de onte.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Santa Comba, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Comentarios