Ferida unha muller ao bater con outro vehículo e saírse da vía en Abegondo

Ferida unha muller ao bater con outro vehículo e saírse da vía en Abegondo
Ferida unha muller ao bater con outro vehículo e saírse da vía en Abegondo

O sinistro produciuse no punto quilométrico 571 da A-6, en sentido A Coruña, ao redor das 19:20 horas de onte

Unha muller precisou asistencia médica a pasada tarde despois de que o coche no que circulaba batese contra outro e rematase fóra da vía en Abegondo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a muller ferida tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Betanzos, ao quedar atrapada no interior do coche accidentado, para ser trasladada a un centro médico.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 571 da A-6, en sentido A Coruña, ao redor das 19:20 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos, da Policía Local, de Urxencias Sanitarias de Galicia e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios